EXCURSIÓN "CASA GRANDE DE XANCEDA"
O MÉRCORES, DÍA OITO DE MAIO, REALIZAMOS UNHA EXCURSIÓN Á GRANXA “CASA GRANDE DE XANCEDA” A XORNADA COMEZOU CUNHA DEGUSTACIÓN DOS IOGURES QUE ELES MESMOS ELABORAN NESTA GRANXA ECOLÓXICA, A CONTINUACIÓN HOUBO UN PERCORRIDO PARA APRECIAR A BIODIVERSIDADE ARREDOR DA GRANXA. LOGO VISITAMOS DIVERSAS INSTALACIÓNS COMO AS CORTES, A SALA DE MUXIDO ONDE “MUXIMOS” Á VACA ROSALÍA, E A CORTE DOS TENREIROS DE ATA CATRO MESES, ALÍ PASÁMOLO MOI BEN DÁNDOLLES O BIBERÓN. SEGUIMOS A VISITA POLA FÁBRICA DE LÁCTEOS, POLO PARQUE DE XOGOS E FINALMENTE POLO ECO ZOO NO QUE ALIMENTAMOS GALIÑAS, PORCOS, CABRAS, OVELLAS E PONIS. REMATAMOS A INTENSA UNHA XORNADA POLA GRANXA CUNHA PARADA PARA COMER, ANTES DE VOLTAR AO COLEXIO.
OS MAIOS
O VENRES, DÍA DEZ DE MAIO, CELEBRAMOS EN ALBARÓN "OS MAIOS". A NOSA CLASE DECOROU UNHA ÁRBORE. OS ALUMNOS E ALUMNAS PARTICIPARON APORTANDO MOITAS FLORES, VERDE E FROITOS, POLO TANTO QUEDOU MOI BONITO. DESPOIS O CONCELLO INVITOUNOS A BOLIÑOS PREÑADOS E HOUBO SESIÓN DE BAILE TRADICIONAL GALEGO.
O NOSO HORTO
XA COLLEITAMOS OS PRIMEIROS PRODUTOS DO NOSO HORTO. RECOLLIMOS UNHAS GRANDES E SABOROSAS LEITUGAS. QUEDAN MEDRANDO REPOLOS DE BETANZOS, PATACA E APIO.
FUNDACIÓN ABANCA
O VENRES 12 DE ABRIL ESTIVEMOS NA EXPOSICIÓN “A
VIDA LENTA” SOBRE O MUNDO RURAL DO SÉCULO XIX, PERCORRIMOS DITA EXPOSICIÓN
CUNHA GUÍA DA FUNDACIÓN ABANCA. POSTERIORMENTE REALIZAMOS UN OBRADOIRO NO QUE
POR GRUPOS FIXEMOS ”UNHA PENEIRA MOTORIZADA”
VISITA Á CASA DO CONCELLO
O VENRES 22 DE MARZO PARTIMOS DO COLEXIO A PÉ ATA A CASA DO CONCELLO, ONDE FOMOS RECIBIDOS POLO ALCALDE E VARIOS CONCELLEIROS. ALÍ EXPLICÁRONNOS DISTINTOS ASPECTOS DA ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL. ESTIVEMOS NO SALÓN DE PLENOS, ONDE O ALUMNADO FIXO PROPOSTAS DE MELLORA PARA O NOSO MUNICIPIO, LOGO PASAMOS POLAS OFICINAS E TAMÉN NOS ATENDEU UN MEMBRO DA POLICIA LOCAL. GRAZAS POLA ATENCIÓN RECIBIDA! DESPOIS PARAMOS NO PARQUE DOS SUBARREIROS PARA MERENDAR E XOGAR UN RATO. FINALMENTE EMPRENDIMOS A PÉ O REGRESO A MACIÑEIRA.
CONTO MUSICADO NO CONSERVATORIO
O MÉRCORES 20 DE MARZO ASISTIMOS Á REPRESENTACIÓN DUN CONTO MUSICADO NO CONSERVATORIO DE CARANZA. A NARRACIÓN ESTABA ACOMPAÑADA POR PIANO E TUBA. LOGO ESCOITAMOS DIVERSAS INTERPRETACIÓNS DE TUBA EXECUTADAS POR UN PROFESOR E BOMBARDINO, POR UN ALUMNO.