MUSEO ETNOGRÁFICO DA CAPELA E MUIÑO DO POUSO

O DÍA 27 DE MAIO VISITAMOS O MUSEO ETNOGRÁFICO DA CAPELA. LOGO ASISTIMOS  NO MUÍÑO DO POUSO A UNHA MOENDA DE MILLO. CONTAMOS COA PRESENZA DUN EXPERTO MUIÑEIRO VESTIDO Á ANTIGA USANZA. GRAZAS A XOSÉ E AO MUIÑEIRO POLA DEMOSTRACIÓN DA MOENDA!











OS MAIOS

O VENRES 6 DE MAIO CELEBRAMOS EN ALBARÓN "OS MAIOS". CADA CURSO DECOROU UNHA ÁRBORE. OS ALUMNOS E ALUMNAS PARTICIPARON APORTANDO MOITAS FLORES, VERDE E FROITOS,  POLO TANTO QUEDOU MOI BONITO.







EXCURSIÓN A MOECHE EN ABRIL

OS NENOSE NENAS DE TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA VISITAMOS O CASTELO DE MOECHE. CADA GRUPO FOI ACOMPAÑADO POR UN GUÍA, QUE NOS EXPLICOU DE XEITO AMENO A HISTORIA DO CASTELO. POSTERIORMENTE MERENDAMOS E XOGAMOS NA ÁREA RECREATIVA DESTE CONCELLO.



O NOSO HORTO

VOLTAMOS A PLANTAR POR SEGUNDA VEZ NO INVERNADOIRO. ESTA VEZ DECIDIMOS POÑER AMORODOS, LEITUGAS E REPOLOS.